O Concello da Pastoriza terá como agasallo institucional unha mini ola castrexa
O Concello da Pastoriza terá como agasallo institucional, unha réplica a pequena escala dunha ola castrexa que se reconstruíu a partir de fragmentos achados nas excavaciones do Castro de Saa.
A Fundación Terra Termarum, é a encargada de realizar os traballos. "Non son recontrucións imaxinativas, estamos facendo réplicas" explican dende a Fundación.
No caso da ola castreña tiñan tan só dous fragmentos para replicar, ambos moi decorados. "Foi un traballo de meses", explica Sandra Obarrio, ceramista profesional.
A réplica a tamaño orixinal, de 31,5 centímetros de altura e 35 de diámetro, expoñerase no futuro museo de Bretoña, xunto a outras recreacións. Mentres as máis pequenas servirán de detalle para visitas institucionais ou para entregar en eventos municipais.