O Concello da Pastoriza ven de editar unha guía do concello

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza ven de editar unha guía do concello, por unha parte é unha guía do concello e por outra unha historia do concello bastante completa da Pastoriza.
pastoriza libro
10 Maio 2019

O Concello da Pastoriza ven de editar unha guía do concello, por unha parte é unha guía do concello e por outra unha historia do concello bastante completa da Pastoriza.

No libro hai dúas partes ben diferenciadas, unha primeira na que se fai un percorrido e un itinerario turístico, paixasístico e cultural por todas as parorquias do concello, destacando aqueles aspectos máis chamativos de cada unha delas.

A outra parte, o groso do libro, son distintos traballos feitos por autores de reputación contrastada como Carlos Reigosa, que fala da paisaxe, que fai a introdución de libro; Ángel Basanta, presidente de críticos e que fata da Pastoriza na literatura; Felipe Arias, fala da prehistoria; e de outros autores que falan da xeografía, da historia, da antiga diócese, de constumes e de tradicións, da demografía, do tipo de licitacións, da casas, os cruceiros, os muíños, etc...

Segundo o alcalde "era un libro moi necesario porque se recolle toda historia con todos os alcaldes e corporacións, é un gran traballo da investigadora Ana Díez, oriunda de Pastoriza".

Polo de agora vaise facer unha tirada de entre 600 e 800 exemplares. Así, poderase dar a calquera persoa que necesite ou que a queira.

0.13420009613037