A vindeira fin de semana haberá dobre cita billardeira
Esta fin de semana haberá dobre cita billardeira pois está programado o XII Aberto Galiña de Mos e a I Xornada billardeira Festa da Troita.
Así, o sábado 30 ás 11.00 horas, o antigo campo de fútbol de Castro Ribeiras de Lea acollerá o Aberto da Galiña que terá un custe de 3 euros para os xogadores non federados. Para anotarse haberá que chamar ao teléfono 626 375 161 ou no email xogo.ocadaval@gmail.com ata unha hora antes do evento deportivo.
Por outra banda, o Concello da Pontenova acolle a I Xornada billardeira Festa da Troita alén da festa do mesmo nome que se celebra esa fin de semana na vila. Esta xornada está organizada polo club Troitas Bravas, a Liga Nacional de Billarda O Varal, o CIT A Pontenova, o Superti e o propio Concello.
A proba billardeira será a partir das 17.00 horas na beira do río, no Pozo da ola, e dende a organización lembran que se pode participar e animan á veciñanza a participar.
CALENDARIO
- 1ª xornada – Castroverde – domingo 12 de setembro – organiza Billarda Verde
- 2ª xornada – A Pontenova – domingo 3 de outubro – organiza Troitas Bravas
- 3ª xornada – Lugo – domingo 14 de novembro – organiza Madia Leva
- FÓRA DE LIGA: Copa Cantábrica entre Galicia e Asturias – Piedras Blancas – sábado 20 de novembro ADIADA
- 4ª xornada – Ribadeo – domingo 12 de decembro – organiza Billardeiros Musicais
- 5ª xornada – Castro Ribeiras de Lea – sábado 15 de xaneiro – organiza Chainzos Cadaval
- 6ª xornada – Mondoñedo – sábado 12 de febreiro
- 7ª xornada – San Miguel – sábado 5 de marzo – organiza Flores
- 8ª xornada – Begonte – domingo 20 de abril – organiza Castiñeiro Milenario
- FÓRA DE LIGA: XII O Varal encontro billardeiro entre as tres conferencias
- 9ª xornada – Ponte de Outeiro – sábado 16 de abril – organiza Carabullo
- I Xornada Festa da Troita da Pontenova – sábado 30 de abril
- XII Aberto Galiña de Mos - Castro Ribeiras de Lea– sábado 30 de abril
- 10ª xornada – Remourelle – sábado 14 de maio – organiza Remourelle Bulls
- Finais en Santiago de Compostela – domingo 29 de maio