O Concello da Pontenova impartirá un curso de Primeiros Auxilios

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de A Pontenova prepara un curso de Primeiros Auxilios co título Sabes actuar para salvar unha vida?.
Avd Ortigueira
11 Xan 2019

O Concello de A Pontenova prepara un curso de Primeiros Auxilios co título Sabes actuar para salvar unha vida?. Durante o curso aprenderanse acción importantes como a activación dos servizos de emerxencia, o soporte vital básico de adultos, os atragantamentos e a práctica da RCP con simuladores.
Este curso será impartido na Casa da Cultura do Concello da Pontenova o domingo 20 de xaneiro de 16:30 a 20:30 horas. Para inscribirse haberá que chamar ao 982 34 22 77 e hai un número limitado de prazas. O curso será impartido por Emergal Ensino con colaboración de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia.

0.10902690887451