O Concello da Pontenova pon en marcha obras de aglomerado en parroquias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello da Pontenova vén de poñer en marcha a obra de aglomerado nos lugares de Dodrín, Figueirúa e Vilaudriz, pertencentes a parroquia de Conforto e Vilaudriz.
5 Out 2020

O Concello da Pontenova vén de poñer en marcha a obra de aglomerado nos lugares de Dodrín, Figueirúa e Vilaudriz, pertencentes a parroquia de Conforto e Vilaudriz.

"Asinouse estes días o contrato de obra e levarase a cabo no seguinte mes se o tempo o permite", di o alcade da Darío Campos.

Tamén se colocou un valado na senda verde no treito de Ervelle, Saldoira e Saldeiriña cunha subvención da Reserva da Biosfera.

Por outra banda, a obra de rehabilitación dos fornos está a piques de rematar aínda que faltan algunhas cuestións. "Estamos poñendo alumeado ao exterior do forno, e estamos na búsqueda de financiamento para rematar o muro", di Campos, "esperemos que pronto se poda dar a coñecer".

0.17858505249023