O Concello da Pontenova prepara o concurso do Entroido para o día 2 de marzo

TerraChaXa | AMariñaXa
17 Feb 2019

O Concello da Pontenova prepara un concurso para o Entroido para o día 2 de marzo. A celebración terá lugar no local das sociedades e comezará ás 23:00 horas, aínda que a hora do desfile será a 1:30 da madrugada e a entrega de premios sobre as 3:00.
O concurso de disfraces contará este ano con máis de 1.000 euros en premios. O concurso dividirase en categorías, así os dúas primeiras charangas recibirán 200 e 100 euros respecticamente. Por grupo recibirá 300 euros o primeiro e 200 o segundo. Por parellas o primeiro premio será de 100 euros e 60 o segundo. En individual os premios serán de 60 e 30 euros, respectivamente.
Pódense consultar as bases no facebook de Acdasminas.

0.17998695373535