O Concello das Pontes abre o prazo de matrícula das escolas municipais o 7 de setembro
O Concello das Pontes abrirá, o 7 de setembro, o prazo de matrícula nas escolas municipais culturais para o curso 2023-2024.
Entra a oferta dispoñible hai gaita, pandeireta, acordeón, percusión, baile galego, baile moderno, danza clásica e flamenco.
Entre os días 7 e 14 de setembro, o alumando matriculado no curso 2022-2023 poderá solicitar a renovación de praza nas escolas municipais culturais se completou o curso, con asistencia habitual ás clases, se non ten recibos pendentes ou non foi baixa.
Este ano, ao igual que o ano pasado, a inscrición deberá realizarse, preferentemente, de forma telemática a través da sede electrónica do concello. Aquelas persoas que non dispoñan de medios ou coñecementos para realizar a inscrición online poderán descargase os impresos na páxina web municipal ou acudir ao Departamento de Cultura, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, onde se lles facilitarán os impresos de solicitude de matrícula.
Unha vez rematado o prazo de inscrición do alumando matriculado no curso 2022-2023, o listado de prazas vacantes exporase, o día 20 de setembro, no taboleiro de anuncios do Departamento de Cultura, e abrirase o prazo de inscrición, do 21 ao 27 de setembro, para o alumnado de novo ingreso.
O Departamento de Cultura notificará por correo electrónico ou teléfono a adxudicación de praza, e dará ao novo alumnado as instrucións e prazos para a realización do pago da matrícula.
No caso que a demanda non supere o número de prazas a adxudicación será directa, no caso de que as solicitudes superen o número de prazas dispoñibles realizarase un sorteo.