O Concello das Pontes abre o prazo para solicitar as axudas para entidades deportivas
O concello das Pontes abre o 29 de xuño o prazo para solicitar as achegas dirixidas ás entidades deportivas, para o ano 2018. A través destas subvencións o goberno local quere dar apoio as actividades levadas a cabo por estas entidades e contribuír á promoción e fomento da práctica deportiva no municipio.
Estas axudas están destinadas as entidades deportivas, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello das Pontes, que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade.
O goberno local destinará 530.00 euros a estás achegas coas que se cubrirán os gastos derivados das actividades que desenvolvan as entidades deportivas locais así como da súa participación en diferentes competicións.
Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello https://sede.aspontes.com/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral, cumprimentada polo representante da entidade deportiva, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes comeza o venres, 29 de xuño, e remata o domingo, 8 de xullo.
Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP 119, con data 25 de xuño de 2018, na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello das Pontes http://concello.aspontes.org/