O Concello das Pontes acolle un campus de baloncesto

TerraChaXa
O Concello das Pontes acollerá entre o 29 de agosto e o 2 de setembro un campus de baloncesto dirixido a nenos de 6 a 16 anos
campus baloncesto as pontes portada
campus baloncesto as pontes portada
22 Ago 2022

O Concello das Pontes acollerá entre o 29 de agosto e o 2 de setembro un campus de baloncesto dirixido a nenos de 6 a 16 anos organizado polo CB As Pontes en colaboración tamén co Concello de Muras.

Este campus contará con actividades de multideporte, iniciación a deportes alternativos, excursións e visitas de xogadores, adestradores e árbitros profesionais. Ademais, haberá un día de lecer e adestramentos na Veiga de muras, con churrascada e piscina.

O prazo de inscrición xa rematou pero para información e dúbidas haberá que contactar por mail en cbaspontes@gmail.com.

campus baloncesto as pontes
0.13109397888184