O Concello das Pontes acolle un novo campus de baloncesto

TerraChaXa
Contará con actividades de multideporte, iniciación a deportes alternativos, excursións e visitas de xogadores, adestradores e árbitros profesionais
campus-de-veran-baloncesto-as-pontes
25 Aug 2025

As Pontes acollerá entre o 1 e 5 de setembro un campus de baloncesto, o cal chega á súa XVI edición, organizado polo CB As Pontes en colaboración tamén co Concello das Pontes.

Este campus contará con actividades de multideporte, iniciación a deportes alternativos, excursións e visitas de xogadores, adestradores e árbitros profesionais. A xornada dará comezo a partir das 10.00 horas e finalizará ás 18.00 horas.

Todo aquel que se queira inscribir, pode facelo por mail en cbaspontes@gmail.com ou por teléfono no 619 831 897.

⚙ Configurar cookies
0.16941499710083