O Concello das Pontes anuncia a mellora da pista do Bidueiro

TerraChaXa
As actuacións previstas consisten no varrido da calzada, a limpeza e perfilado das marxes e cunetas
obras-asfaltado-xunta-113-estrada
6 Jun 2025

O Concello das Pontes ten previsto continuar coa mellora a pista do Bidueiro (fase 3), na parroquia do Freixo, que conecta a estrada autonómica cos núcleos do Caxete, A Casa da Bouza, Merlán e as Lamelas. O proxecto, cun orzamento de 74.200 euros, con cargo á Deputación da Coruña, permitirá a renovación do firme nun tramo que ten unha lonxitude de 730 metros.

As actuacións previstas consisten no varrido da calzada, a limpeza e perfilado das marxes e cunetas cunha capa de saburra coa finalidade de evitar o chanzo producido polo recrecido do firme reparación puntual das fochas existentes con mestura bituminosa, e o estendido dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de 5 cm de espesor. Rematarase a actuación coa sinalización horizontal e vertical necesarias.

⚙ Configurar cookies
0.19015002250671