O Concello das Pontes aproba a conta xeral do ano 2017

TerraChaXa
O pleno do concello as Pontes aprobou, cos votos a favor do PSOE e do BNG e a abstención do PP e de Xuntos por As Pontes, a conta xeral do ano 2017.
Pleno10 12 2018
11 Dec 2018

O pleno do concello as Pontes aprobou, cos votos a favor do PSOE e do BNG e a abstención do PP e de Xuntos por As Pontes, a conta xeral do ano 2017.

O documento, que recolle o estado económico da administración local, reflicte segundo o concelleiro de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos, Antonio Alonso, “os froitos do esforzo do equipo de goberno para lograr una contabilidade saneada e amosa, unha vez máis, a boa saúde da economía municipal que permitirá ó Concello de As Pontes realizar inversións en proxectos de especial transcendencia para a veciñanza tales como a residencia para maiores ou a compra de chan industrial”.

Durante a sesión plenaria extraordinaria tamén se aprobou, cos votos a favor do grupo de goberno e a abstención do resto de partidos políticos con representación municipal, un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 16.397 euros para facer fronte a diversas facturas de provedores dos anos 2015 e 2017.

A tenente de alcalde, Montserrat García explicou que esta fórmula permite ós concellos pagar aquelas facturas que foron presentadas tarde polos provedores, fóra do exercicio económico. “Os servizos foron prestados, as facturas non foron emitidas durante os exercicios económicos correspondentes e agora é preciso recorrer á aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito para regularizar a situación e facer efectivos os pagos” subliñou a edil.

Por outra banda, ó inicio da sesión plenaria tomou posesión da súa acta como concelleiro do Partido Popular, Javier Dacosta Vigo.

0.19160103797913