O Concello das Pontes, asina os convenios de colaboración con Seara e Cohempo

TerraChaXa
A tenente de alcalde do Concello das Pontes, Ana Pena, asinou os convenios de colaboración co presidente de COHEMPO, José Rodriguez e o presidente de Seara José Castro Romero.
SearaDestacada 696x379
9 Ago 2019

A tenente de alcalde do Concello das Pontes, Ana Pena, asinou os convenios de colaboración co presidente de COHEMPO, José Rodriguez e o presidente de Seara José Castro Romero.

A través destes convenios o goberno local quere amosar o seu compromiso co tecido empresarial do municipio, promovendo e apoiando as actividades levadas a cabo polas dúas entidades a prol da economía local e a dinamización e unión empresarial, tanto a través do fomento da cultura emprendedora como impulsando o comercio de proximidade, a hostalaría e sector servizos no seu conxunto.

A asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (COHEMPO), ó abeiro deste acordo, recibirá unha achega de 20.000 euros destinada a financiar campañas publicitarias e de márketing para fomentar a compra no pequeno comercio local, desenvolver accións formativas así como para sufragar outros gastos derivados da súa propia actividade.

No caso da Asociación de Empresarios SEARA, o Concello de As Pontes, achegará  25.000 euros para cubrir os gastos derivados das actividades de asesoramento e consolidación de emprendedores así como os relacionados coa elaboración dun plan de promoción industrial de As Pontes, formación e o deseño e mantemento dun novo espacio web.

0.19332981109619