O Concello das Pontes celebra o primeiro curso de seguridade vial para escolares

TerraChaXa
O circuíto de karts do Concello das Pontes acolleu a xornada inaugural do primeiro curso de seguridade viaria que o goberno local organiza neste recinto municipal e no que participarán preto de 150 estudantes da localidade.
seguirdadevial
8 May 2018

O circuíto de karts do Concello das Pontes acolleu a xornada inaugural do primeiro curso de seguridade viaria que o goberno local organiza neste recinto municipal e no que participarán preto de 150 estudantes da localidade.

Esta actividade, promovida polas Concellerías de Servizos, Medio Rural e Seguridade Cidadá e de Deporte e Mocidade, ten como obxectivo concienciar, previr e educar en materia de seguridade e civismo ós nenos de primaria do municipio para que coñezan as normas de circulación en bicicleta, a importancia de respectalas e que adquiran bos hábitos viarios de cara a facer das Pontes un pobo máis seguro, dando continuidade ó traballo realizado durante o mes pasado coas asociacións de veciños da vila.

Os responsables de ambas áreas, Antonio Castro e Jesús Tembrás remarcan que a través deste programa “queremos ofrecerlles as rapazas e rapaces información de utilidade para que tomen as decisións axeitadas e promover cambios na conduta viaria. Pretendemos, con independencia da súa idade, que saiban da importancia de levar a cabo boas prácticas en relación co tráfico, sensibilizalos sobre as consecuencias dos accidentes e facerlles ver que eles tamén poden poñer o seu gran de area para crear un pobo máis seguro, habitable e libre de atropelos”.

Un total de 30 nenos, de 5º e 6º de Primaria, do CEIP A Fraga participaron nesta xornada inaugural na que se combinou unha parte teórica sobre as normas básicas de condución e de seguridade en bicicletas, impartida por membros da Policía Local do Concello das Pontes, e una parte práctica, a cargo de profesionais do mundo do motor, na que os estudantes puideron amosar os coñecementos adquiridos nun circuíto deseñado especialmente para esta finalidade mediante a condución de triciclos, bicicletas e karts de pedais.

Ó finalizar a xornada fíxose entrega dunha luz dianteira e outra traseira para bicicletas e unha lanterna para que as empreguen cando circulen polas vías do municipio, facéndose visibles e evitar, deste xeito, accidentes. Tamén se lles fixo entrega dun manual teórico sobre normas de circulación no que se recollen todos os coñecementos impartidos durante o curso.

O curso prolongarase ata o xoves e nel participarán asemade 31 alumnos do CEIP Santa María e 87 estudantes do CEIP A Magdalena.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17637085914612