O Concello das Pontes concede a licenza a Endesa para a construción dun laboratorio

TerraChaXa
O departamento de Urbanismo das Pontes outorgoulle a Endesa licencia de obra para a construción do laboratorio central da compañía.
laboratorio ciclo combinado endesa
4 Oct 2022

O departamento de Urbanismo do Concello das Pontes outorgoulle a Endesa licencia de obra para a construción do laboratorio central da compañía.

Desde o Concello das Pontes sinalan que “esta nova edificación centralizará todos os servizos de analiticas da compañía en España e amosa o seu compromiso con As Pontes, garantindo a súa presenza na localidade e asegurando postos de traballo técnicos de alta cualificación. Desde o equipo de goberno valoramos moi positivamente a súa aposta pola nosa vila fronte a outras posibles ubicacións”.

A nova infraestrutura, que se situará nunha parcela da Central de Ciclo Combinado, terá unha superficie total construída de 953,95 metros cadrados distribuídos nunha sala de servizos técnicos, unha sala de analíticas de laboratorio e unha área anexa que será empregada como almacén de produtos químicos. Esta nova edificación tamén contará con espazo para despachos, sala de visitas, aseos, vestiario, almacéns, sala de reunións, etc.

Neste novo laboratorio levaranse a cabo investigacións e análises relacionados con mostras de reactivos e materiais, preparación de mostras sólidas para o tratamento de análise de mostras sólidas e auga, preparación e corte de metalografía para o estudo do características micro estruturais ou constitutivas de metais ou aliaxes relacionándoas coas propiedades físicas, químicas e mecánicas, cromatografía de gases e líquidos.

O edificio exponse como unha nave industrial, con estrutura metálica a dúas augas con piares encaixados en cimentación. Tanto a cuberta como os cerramentos laterais serán de formigón e nas fachadas, co fin de garantir o illamento térmico, realizarase un trasdosado interior con pladur e illamento alveolar

Ademais, na cuberta do edificio instalaranse paneis fotovoltaicos ata dispoñer de 50kW instalados para mellora da eficiencia enerxética do edificio e contará con climatización/ventilación forzada e presurización para “salas limpas” e sistema de extracción de gases.

Entre os traballos previstos inclúense actuacións de fontanería e saneamento, a creación dunha rede de subministración de auga desmineralizada e/o aire comprimido, e gases. A nova edificación tamén contará con de sistema contraincendios dacordo á normativa, así como iluminación, instalación eléctrica e sistema de voz e datos.

O prazo de execución da obra estímase en nove meses, desde o comezo da execución material da obra, estando condicionada o inicio da mesma á conclusión das obras previas necesarias para o acondicionamento da parcela na que se instalará o novo laboratorio.

central endesa as pontes laboratorio

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17780113220215