O Concello das Pontes desenvolve un programa de lecer saudable para nenos
O concello das Pontes, a través da área de Benestar Social, está a desenvolver, por segundo ano consecutivo, un programa de dinamización da infancia co obxectivo de fomentar a integración e a participación dos menores na vida social do municipio, a través de actividades de lecer saudables.
O proxecto, que incorpora un conxunto de actividades de intervención educativa e social, está encamiñado a potenciar e mellorar as habilidades sociais e a autoestima dos menores, a promover aspectos como a saúde, o deporte, a arte, a cultura ou o respecto ó medioambiente así como favorece a conciliación laboral durante a fin de semana.
“Desde o Concello de As Pontes apostamos por fomentar o crecemento persoal dos veciños máis novos a través de dinámicas, xogos e obradoiros centrados en valores como o traballo en equipa, a cooperación e o compañeirismo para, deste xeito, avanzar cara o pobo que queremos. Un pobo integrador, inclusivo e cohesionado no que todas as rapazas e rapaces gocen das mesmas oportunidades” subliña Isabel Fornos, Concelleira de Benestar Social.
Este programa, que botou a andar o pasado mes de marzo e que rematará o vindeiro mes de xuño, desenvólvese todos os sábado de 10:00 a 14:00 horas no Lar, e nel poden participar os estudantes de primaria do Concello, ata un total de 25 en cada xornada. A programación deseñada para esta primavera inclúe obradoiros de reciclaxe, sesións de cine, andainas, obradoiros de cociña, xornadas sobre música, clases de seguridade viaria ou percorridos polo termo municipal co obxectivo de coñecer mellor a controna.
Fornos incide na importancia de apostar por este tipo de actividades e de darlles continuidade “Os nenos de hoxe serán os piares da nosa sociedade e o noso traballo debe céntrase en ofrecerlles, cada día, o apoio que precisan. Apoiar os nenos é o mellor investimento que estamos levando a cabo desde o Concello de As Pontes”.
Próximas activades
Ao abeiro do programa de dinamización do Concello de As Pontes, o sábado, 28 de abril, levarase a cabo un obradoiro de cociña saudable, nas instalacións da Escola Infantil da Barosa, dirixido por Antonio Díaz, co obxectivo de transmitirlles ós ponteses máis novos a necesidade de levar una dieta variada e equilibrada para manter un bo estado de saúde.
Neste sentido a concelleria de Benestar, Isabel Fornos, sinala que “moitos nenos nos seguen unha dieta sana, variada e equilibrada, algúns amosan problema de saúde, non consumen petiscos saudables e con este obradoiro queremos amosarlles que a comida sana pode ser moi rica e divertida”. Para máis información: 637240485
Por outra banda, o sábado 5 de maio, está previsto o obradoiro sobre seguridade e educación vial Día sobre rodas. Nesta ocasión o programa de dinamización trasladarase ata o Circuíto de Karts, onde profesionais do mundo do motor e da seguridade, explicarán ós máis novos a importancia de respectar as normas para evitar accidentes.
Os nenos interesados en participar nestas actividades poden anotarse, no segundo piso do Mercado Municipal, en horario de mañá.