O Concello das Pontes envía máscaras por correo aos veciños
TerraChaXa
Hoxe comezou o envío, a través da Oficina de Correos, dun lote individual de máscaras, a todos os veciños e veciñas, maiores de 13 anos, empadroados no municipio das Pontes.
29 Maio 2020
Hoxe comezou o envío, a través da Oficina de Correos, dun lote individual de máscaras, a todos os veciños e veciñas, maiores de 13 anos, empadroados no municipio das Pontes.
Durante os próximos días, cada un recibirá no seu domicilio, ao seu nome, un sobre con tres máscaras hixiénicas para utilizar en espazos públicos onde non sexa posible manter as distancias.
Repartiranse máscaras entre algo máis de 9.400 veciños e veciñas das Pontes aos que se destinarán un total de 28.000 unidades.
O envío farase seguindo a orde alfabética do padrón e de forma progresiva para evitar o colapso do servizo postal e non interferir no seu correcto funcionamento.