O Concello das Pontes inicia a contratación das obras de Murazoso e A Redonda
O Concello das Pontes pecha, o 24 de setembro, o prazo de presentación de ofertas para as obras de mellora da capa de rodadura dos viarios de acceso ós núcleos rurais de A Redonda, na Faeira, e Murazoso, na parroquia de Bermui.
Os traballos, que suporán unha inversión de 51.051,01 euros, con cargo ó POS 2018 da Deputación da Coruña, permitirán a substitución da actual capa de rodadura por aglomerado así como renovar a sinalización do viais co obxectivo de garantir a seguridade viaria en ambas zonas.
A sinalización horizontal realizarse mediante liñas de bordo de calzada e liñas e sinais de detención, instalarase unha nova sinalización vertical e colocaranse novas sinais nos cruces existentes.
Ambas actuacións responden ó compromiso do Concello para continuar mellorando as infraestruturas nas parroquias, as súas vías de comunicación e servizos e, deste xeito, mellorar a calidade de vida de todos os veciños do municipio.
“Temos unha extensa rede de camiños rurais que precisan dun mantemento e acondicionamento constante. Estas obras, xunto coas xa rematadas e as previstas, permitiranos crear una rede viaria rural coas debidas garantías de seguridade e accesibilidade, impulsando as comunicacións entre os diferentes núcleos de poboación do concello” sinalan desde o goberno local.