O Concello das Pontes inicia as obras da avenida da Constitución
O próximo martes, 6 de abril, o Concello das Pontes inicia as obras de rehabilitación da Avenida da Constitución.
Os traballos financiados con fondos propios, cun orzamento de 47.826,59 euros, están orientados a mellora a seguridade peonil por medio da substitución do actual pavimento, executado con lousa sobre morteiro, que debido á climatoloxía e á a antigüidade, resulta moi esvaradío. Así mesmo, estes traballos permitirán optimizar os traballos de mantemento e seguridade do viario, evitando a reposición de lousas por desprendemento e rotura.
Entre os traballos previsto contemplase a demolición e retirada do firme actual, porase a cota os pozos e as arquetas e executarase un novo pavimento continúo de formigón coloreado.
Desde o Concello pídenlle desculpas á veciñanza polas molestias que estes traballos podan ocasionar nunha zona de paseo moi concorrida e lembran que durante a execución das obras a rúa permanecerá pechada aos/as peóns, inicialmente no tramo comprendido entre o cruce da Avenida da Constitución coa Rúa Antonio Machado ata o Pump Track, desviándose este tramo peonil pola senda que trancorre paralelo ao río Brixeo e, opcionalmente, pola rúa José María Penabad López.
Unha vez rematado o cambio de pavimento neste tramo procederase ao peche do tramo de viario comprendido entre o Pump Track e a rúa que leva ao Cemiterio dos Alimpadoiros, desviándose a circulación pola rúa José María Penabad López.