O Concello das Pontes iniciou as obras de accesos ao parque municipal

TerraChaXa
O Concello das Pontes comezou esta semana as obras para mellorar a accesibilidade das entradas ó Parque Municipal e solucionar os continuos desprendementos das lousas que as inclemencias do tempo causaban, ó longo de todo o ano, na zona.
Acceso Avd Ferrol
7 Oct 2018

O Concello das Pontes comezou esta semana as obras para mellorar a accesibilidade das entradas ó Parque Municipal e solucionar os continuos desprendementos das lousas que as inclemencias do tempo causaban, ó longo de todo o ano, na zona.

O traballos, que permitirán a substitución do actual pavimento de lousas por formigón coloreado no accesos laterais ó parque, tanto a través da Avenida de Ferrol e da Avenida de Ortigueira, teñen como obxectivo garantir a seguridade dos peóns, promover a mobilidade na zona así como evitar o constante acondicionamento de ambos accesos co conseguinte aforro para as arcas municipais.

Os traballos, financiados con fondos propios, arrincaron o xoves, na marxe da Avenida de Ferrol. Para garantir a seguridade dos veciños, especialmente dos menores, quedou pechado o acceso peonil ó parque, durante todo o período de execución das obras, tanto na entrada polo Concello como na existente fronte ó Fogar do Xubilado.

Unha vez rematados os traballos nesta marxe, continuarase coas obras de renovación do pavimento na entrada ó parque pola Avenida de Ortigueira.

Desde o goberno municipal remarcan que estas obras non afectará ó tráfico rodado ni ó parque que permanecerá aberto, mantendo o seu continuo funcionamento. Pregan desculpas ós veciños polas molestias que estas obras poidan causar, recordando que “son precisas para mellorar a calidade de vida de todos os ponteses e avanzar cara un modelo de pobo no que a accesibilidade é unha prioridade”.

0.082733154296875