O Concello das Pontes investirá 520.000 en achegas para entidades deportivas durante este ano

TerraChaXa
As subvencións cubrirán gastos derivados das actividades ou da participación en competicións entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025
Axuda Deporte
13 Aug 2025

O Concello das Pontes dedicará este ano un total de 520.000 euros a apoiar economicamente ás entidades deportivas do municipio. Estas axudas teñen como finalidade apoiar o tecido deportivo do municipio, facilitar o desenvolvemento das súas actividades e promover a participación da cidadanía na vida asociativa e deportiva, favorecendo así a democratización da sociedade.

As subvencións cubrirán gastos derivados das actividades ou da participación en competicións entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025. As solicitudes deberán tramitarse a través da sede electrónica municipal polo representante da entidade, empregando certificado electrónico e achegando a documentación requirida na convocatoria.

⚙ Configurar cookies
0.16206192970276