O Concello das Pontes licita a renovación da ponte de Pedrafita

TerraChaXa
A iniciativa, cun orzamento de 96.110 euros, busca solucionar os danos estruturais ocasionados polas fortes chuvias dos últimos dous anos
ConcelloAsPontes
13 Aug 2025

O Concello das Pontes vén de licitar o proxecto construtivo para a reparación da ponte sobre o río Chamoselo, situada na Pedrafita, parroquia do Aparral, cun orzamento de 96.110 euros.

Os traballos buscan solucionar os danos estruturais ocasionados polas fortes chuvias dos últimos dous anos, que provocaron un aumento do caudal do río e o colapso da ponte e dos muros de escollera que protexían a estrada, causando o afundimento do viario.

A intervención contemplará a demolición da estrutura actual e a súa substitución por unha ponte de formigón armado, de 6 metros de luz libre e 6 metros de ancho, asentada sobre muros de escollera. Ademais, inclúe a reposición do firme da estrada nun treito de aproximadamente 50 metros, co fin de asegurar a durabilidade e seguridade da vía.

Segundo o Concello, este proxecto supón unha actuación clave para mellorar a seguridade viaria na zona, beneficiando especialmente aos veciños de Pedrafita e do conxunto da parroquia do Aparral, e reflicte o compromiso municipal coa conservación e modernización das infraestruturas.

⚙ Configurar cookies
0.14500498771667