O Concello das Pontes mostra o seu apoio ao personal de Einsa nas súas reivindicacións

TerraChaXa
Vén de solicitar unha reunión coas consellerías de Industria e Emprego para reactivar o plan de formación e reinserción laboral iniciado en 2024
Einsa-manifestacion-concello
26 Jun 2025

A concelleira de Industria, Ana Pena, mantivo a semana pasada unha reunión co comité de empresa de Einsa Print no que amosou o total apoio do Concello das Pontes ao plantel da empresa ante a intención da dirección da mesa de aplicar un novo Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de 1012 dos 128 traballadores e traballadoras da empresa e o cesamento definitivo da actividade da imprenta.

Durante o encontro o Comité de Empresa lembraba que, no ano 2024 asinouse un acordo entre a empresa e o comité de empresa que garantía a continuidade do emprego ata o 31 de decembro de 2026, tras un primeiro axuste de 120 postos. Este acordo contemplaba cláusulas de estabilidade e só permitía novas medidas en caso de causas sobrevidas, algo que, tal e como nos indica o Comité de Empresa de Einsa, non se está respectando no novo expediente presentado.

Desde o Concello das Pontes, Ana Pena amosaba o apoio unánime do goberno local coas reivindicacións do comité de empresa e o respecto aos compromisos firmados, esixindo garantías para os dereitos laborais do cadro de persoal de Einsa Print.

Así mesmo, o Concello das Pontes vén de solicitar formalmente unha reunión coa Xunta de Galicia, coas consellerías de Industria e Emprego, co obxectivo de reactivar o plan de formación e reinserción laboral iniciado en 2024, orientada a abrir novas oportunidades no mercado laboral da comarca aos centos de traballadores e traballadoras afectadas polo ERE.

Nese sentido, “consideramos que este programa é fundamental para ofrecer alternativas reais ás persoas afectadas, moitas delas cunha longa traxectoria profesional, de incluso décadas de años de traballo, profesional nun sector hoxe en declive e sen futuro na nosa comarca”.

⚙ Configurar cookies
0.16822409629822