O Concello das Pontes opta aos premios SEMS 2021
O Concello das Pontes opta aos premios da Semana Española da Mobilidade Sostible (SEMS) 2021, promovidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, co proxecto de transporte colectivo ao polígono industrial de Penapurreira, posto en marcha pola adminstración local no ano 2016.
O Concello das Pontes presentou a súa candidatura aos premios SEMS para concellos nos que se valorarán as medidas permanentes implementadas nos municipios españois dirixidas a sensibilizar e promover o uso de modos de transporte máis sostibles e dar a coñecer os seus beneficios na saúde pública e no medio ambiente.
Ana Pena, concelleira de Industria e responsable do proxecto, apunta que “fomos pioneiros en implementar un servizo do que se benefician case 250 persoas na nosa vila que, ademáis de importantes efectos na redución das emisións de CO2, ten un alto impacto na economías familiares. Moitas persoas usuarias xa non teñen que asumir os gastos dun segundo vehículo, que só empregaban para desprazarse ao posto de traballo, e por outra banda supón, a cada persoa usuaria, un aforro medio anual de 558 euros”.
O plan de transporte colectivo ao polígono de Penapurreira foi posto en marcha en colaboración coas empresas locais do sector do transporte de viaxeiros e coas diferentes empresas ubicadas nos polígonos industriais do municipio, que conta con diferentes rutas circulares que percorren toda a vila, dándolle cobertura ao horarios laborais, de entrada e saída, a través de 6 quendas.
Entre as principais vantaxe deste plan de transporte destacan a redución do estres que provoca a conducción, a diminución dos accidentes intinere así como redución do abstentimos laboral e permite facer un mellor usos dos espazos de aparcadoiro.
Ademais, o plan de transporte aos polígonos promovido polo Concello das Pontes, a través da concellería de Industria, supón unha redución anual das emisión de CO2 dun 7.100%, calculadas para o desprazamento de 50 persoas traballadoras.