O Concello das Pontes organiza un obradoiro creativo para aprender a facer podcast paso a paso

TerraChaXa
O obradoiro impartirase en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas, e está pensado para achegar ás persoas participantes ao proceso completo de creación
taller-creativo-podcast
6 Mar 2026

O Concello das Pontes lembra á veciñanza a celebración dun taller creativo centrado na creación de podcast, unha actividade formativa que se desenvolverá do 9 ao 13 de marzo na Aula CEMIT situada en Soto Casa Dopeso, na rúa Rosalía de Castro, número 28.

O obradoiro impartirase en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas, e está pensado para achegar ás persoas participantes ao proceso completo de creación dun podcast, desde a idea inicial ata a súa publicación e difusión.

Durante as sesións, as persoas asistentes aprenderán a deseñar a súa propia idea de contido, gravar con calidade, editar o material sonoro e publicar o seu podcast nas diferentes plataformas. A actividade ten un enfoque práctico e creativo co obxectivo de que cada participante poida saír do curso co seu proxecto xa iniciado.

O Concello destaca que se trata dunha oportunidade para introducirse no mundo do podcasting e adquirir coñecementos básicos sobre produción sonora e comunicación dixital.

As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a súa inscrición chamando ao teléfono 640 813 790 ou enviando un correo electrónico a cemit.aspontes@xunta.gal.

0.11749792098999