O Concello das Pontes pechará A Fraga para evitar concentracións

TerraChaXa
O Concello das Pontes, co obxectivo de evitar as aglomeracións de persoas nos espazos públicos e garantir o cumprimento das normas establecidas polas autoridades sanitarias para impedir a propagación do Covid-19, pechará o parque da Fraga entre os días 23 e 25 de xullo, datas nas que se celebraría a popular romaría da Fraga.
fragaaspontes
17 Xul 2020

O Concello das Pontes adopta esta media, con carácter preventivo co obxectivo prioritario de velar pola saúde da veciñanza e evitar calquera tipo de concentración nun espazo público municipal que poida provocar un rebrote na vila.

Nese sentido, o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Alonso, indica que “a pandemia non pasou, hai máis de 100 brotes activos en España, un moi preto do noso concello, polo que debemos ser responsables e extremar as precaucións e contribuir ao cumprimento das normas sanitarias por parte das nosas veciñas e veciños. Debemos ser prudentes, estanse producindo moitos rebrotes e a obriga do Concello é velar por que non se produzcan no noso municipio”.

Ademais, o Concello das Pontes porá en marcha un dispositivo especial de seguridade, que estará operativo entre o 23 e o 25 de xullo para evitar o acceso á Fraga, a instalación de cabanas e tendas de campaña así como a celebración de merendas populares.

Desde o Concello faise un chamamento a toda a poboación para que se comporte de forma responsable durante as datas nas que se ía celebrar a romaría da Fraga, cumpra cos protocolos e as medidas de seguridade para non poñer en risco a saúde de ningunha persoa.

0.1262378692627