O Concello das Pontes prestará ordenadores e wifis ao alumnado
O Concello das Pontes, con motivo da suspensión das clases nos centros educativos do municipio, debido á declaración de alerta sanitaria e do estada de alarma, facilitará en préstamo, a partir desta semana, ordenadores e wifis portátiles con conexión a internet ao alumando sen recursos do municipio.
O Concello prestará, ata final do curso lectivo, 20 ordenadores portátiles doados pola empresa EDP Renováveis. O alcalde, Valentín González Formoso, agradece o enorme xesto da compañía eléctrica portuguesa, “una compañía que non ten ningunha relación con As Pontes pero que mira polo futuro dos veciños e veciñas máis novas, nun momento no que a Resposabilidade Social Corporativa do tecido empresarial debe apostar pola solidariedade, a través de pequenas accións que permitan que ninguén se quede atrás debido a crise sanitaria provocada polo COVID-19, especialmente, as persoas máis vulnerables”.
Por outra banda, o Concello tamén cederá ao alumando pontés, 21 puntos wifi portátiles con acceso a internet para que podan acceder, nunha situación de igualdade para todo o estudantado, ao contido lectivo publicado a diario nas plataformas educativas dos diferentes centros escolares do municipio.
Estes puntos portátiles, que serán costeados polo Concello das Pontes, contan cunha tarxeta SIM de 4 GB mensuais e permitirán aos usuarios e usuarias a conexión wifi, tanto a través de ordenador, como de tablet ou teléfono móbil, permitindo ao alumnado seguir as clases on-line, recibir e descargar a documentación enviada polo profesorado, sen perder a actividade lectiva diaria.
O departamento de Benestar xa identificou ás familias, en situación de vulnerabilidade, que non teñen os recursos tecnolóxicos precisos para continuar co curso escolar nos seus fogares e durante os próximos días faralles chegar os ordenadores e os puntos de conexión wifi portátiles.
“Con esta iniciativa, que se suma ao servizo gratuíto de impresión de tarefas escolares posto en marcha o pasado 16 de marzo, tratamos de evitar, nos membros máis pequenos destas unidades familiares, non só o efecto da fenda tecnolóxica e garantir a igualdade de oportunidades educativas senón tamén, na medida do posible, evitar que unha vintena nenos e nenas do noso municipio manteñan o ritmo do curso escolar” remarca González Formoso.