O Concello das Pontes realizará obras nas vías do lugar de Niño de Azor

O Concello das Pontes, ten previsto, mellorar o viario ao Niño do Azor, na parroquia do Freixo. O proxecto, cun orzamento de 84.542 euros, con cargo á Deputación da Coruña, permitirá continuar coas actuacións de mellora das vías levadas a cabo durante os últimos anos.
Así, procederase a pavimentar un novo tramo ata o cruce que dá acceso ao núcleo de Niño do Azor mediante o varrido da calzada, a limpeza e perfilado das marxes e cunetas cunha capa de saburra coa finalidade de evitar o chanzo producido polo recrecido do firme.
Procederase á reparación das fochas existentes con mestura bituminosa, e o estendido dunha capa de aglomerado asfáltico en quente. Rematarase a actuación coa sinalización horizontal e vertical necesarias.
Na continuación a este tramo ata o límite do Concello, procederase á reparación de fochancas mediante mestura bituminosa en frío.