O Concello das Pontes rehabilitará o pavillón do Ceip A Magdalena

TerraChaXa
 A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou a licitación das obras de rehabilitación do pavillón do colexio público A Magdalena.
ceip magdalena as pontes
4 Ago 2021

 A xunta de goberno local do Concello das Pontes aprobou, a semana pasada, o expediente de licitación das obras de rehabilitación e conservación do pavillón polideportivo do colexio público A Magdalena.

O proxecto, cun orzamento de 127.409 euros con cargo á Deputación da Coruña e a fondos municipais, está dirixido á rehabilitación da pista polideportiva da instalación e ven a completar as inversión realizadas polo Concello das Pontes para a mellora e acondicionamento do ximnasio do colexio da Magdalena, do polideportivo do antigo Ceip Monte Caxado e do polideportivo municipal , actuacións que revasan a cifra de 1,3 millóns de euros.

No polideportivo do Ceip A Magdalena procederase á extensión dunha lámina de polietileno de galga que evitará a penetración da humidade e a condensación de vapor de agua que dificultad a práctica deportiva durante a época invernal.

A continuación colocarase unha campa elástica prefabricada de espumado de poliuretano espanso e sobre esta un taboleiro contrachapado e finalmente unha capa de madeira de faia, específica para uso deportivo. A mellora da pista deportiva rematará co pintado das liñas de xogo e a substición do actual sistema de iluminación por un de maior eficiacia enerxética a través da instalación de luminarias led.

Os traballos tamén permitirán a sustitución da actual cuberta do edificio no que se ubican os vestiarios, de fibrocemento, por unha cuberta de paneis nervados, con recheo intermedio de espuma de poliuretano 

Así mesmo procederase á redistribución dos vestiarios de árbitros para que poidan ser empregados por persoas con mobilidade reducida, mediante a eliminación da tabiquería exitente e a reubicación das pezas sanitarias. Ademais os espazos de acceso aos vestiarios e cuarto de caldeiras serán cubertos por medio de falsos teitos de cartón xeso antihumidade.

Por outra banda, na entrada porticada ao pavillón, que serve de comunicación entre os vestiarios e a pista polideportiva, sobre  o pavimento de terrazo disporase pavimento continuo antiescorregante e impermeable e executarase un novo pechamento, de ladrillo de oco dobre e albardilla metálica, para evitar que nas época de choiva o acceso quede asolagado. 

0.22200894355774