O Concello das Pontes renovará o paso sobre o río Chamoselo en Pedrafita

TerraChaXa
Esta medida busca solucionar os danos producidos tanto no paso existente como na vía
paso-rio-chamoselo-pedrafita
11 Oct 2024

O Concello das Pontes ten previsto acometer a renovación do paso sobre o río Chamoselo en Pedrafita, na parroquia do Aparral, unha vez concedida a autorización necesaria por parte de Augas de Galicia.

A través desta actuación o Concello busca solucionar os danos producidos tanto no paso existente como na vía polas fortes choivas que tiveron lugar durante o pasado inverno e que provocaron un aumento do caudal do leito do río que causou o colapso do paso, dos muros do dique así como o afundimento da estrada.

Para a reparación do paso procederase, en primeiro lugar, á demolición da estrutura existente que será substituída por unha ponte formada por una lousa de formigón armado que será executada, in situ, servindo como taboleiro para unha estrutura que irá apoiada sobre ámbolos dous lados do leito, nos dous estribos, formados con muros do dique.

Ademais procederase á reposición do firme da estrada, prevéndose, nas zonas nas que se executarán escavacións, a extensión dunha capa base con saburra artificial previa á extensión da capa de rodadura con aglomerado en quente.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16148114204407