O Concello das Pontes saca a licitación as obras da avenida de Ortigueira

TerraChaXa
O Concello das Pontes saca a licitación as obras de mellora da pavimentación e servizos na Avenida de Ortigueira, no tramo inmediato ao cemiterio municipal.
Avd Ortigueira
11 Dec 2018

O Concello das Pontes saca a licitación as obras de mellora da pavimentación e servizos na Avenida de Ortigueira, no tramo inmediato ao cemiterio municipal.

Trátase dun proxecto, cun orzamento base de licitación de 79.194,50 euros, con cargo ó Pos Adicional 2018, que busca mellorar as condicións de deterioro na que se atopan os pavimentos e corrixir as deficiencias lumínicas da zona para dar así, un mellor servizo a toda a veciñanza e ós usos propios do cemiterio.

O proxecto, cun prazo previsto de 3 meses de execución, inclúe a renovación do pavimento das beirarrúas con lastras de formigón, a colocación dos alcorques a nivel para impulsar a accesibilidade do viario, a mellora do servizo de alumeado e de saneamento coa reposición das arquetas e a instalación de novo mobiliario urbano (bancos e xardineiras).

Estas actuacións permitirán a renovación estrutural e superficial da zona, seguindo os mesmos criterios aplicados nos proxectos de humanización levados a cabo polo goberno local no centro urbano, para incrementar os niveis de funcionalidade, seguridade viaria, accesiblidade e calidade da rúa.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18099999427795