O Concello das Pontes ve na autorización á planta de hidróxeno verde o seu futuro enérxetico

TerraChaXa
O alcalde das Pontes subliña que esta concesión “supón un aval ambiental para un proxecto que vai xenerar a enerxía do futuro
formoso-alcalde-as-pontes
4 Oct 2024

O Concello das Pontes valora moi positivamente a concesión da autorización ambiental integrada ao proxecto da planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP Renovables, coñecido como H2Pole.

O alcalde das Pontes subliña que esta concesión “supón un aval ambiental para un proxecto que vai xerar a enerxía do futuro, como é o hidróxeno, e, ao mesmo tempo, vai supoñer o protagonismo das Pontes no ámbito do almacenamento enerxético sen emisións de CO2".

Un proxecto que, en palabras de González Formoso, permitirá poñer en valor o talento dos rapaces e rapazas formados, tanto nas universidades como nos centros de formación profesional, e que esperamos que se converta nunha fonte tractora doutros proxectos que potencien este tipo de enerxías”.

González Formoso destaca tamén a necesidade de facilitar a implantación dos parques eólicos que subministran enerxía a este proxecto, xa que “se trata dun factor fundamental para poder hidrolizar e producir enerxía. Sen parques eólicos é inviable, polo que esperamos que a tramitación sexa o máis curta posible”.

Nese sentido, o rexedor local tamén apunta que “esperamos que o bombeo reversible no lago, outra fonte enerxética que subministra electricidade para a planta de hidróxeno, obteña os permisos correspondentes o máis pronto posible”.

Finalmente, desde o Concello das Pontes amosan o seu agradecemento á Consellería de Medio Ambiente polo seu traballo que concluíu na concesión da autorización ambiental integrada pa H2Pole.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18810105323792