O Concello de Abadín acondiciona a pista que conecta Caboxo con Fanoi
TerraChaXa
Ademais do arranxo da pista, estanse a limpar as marxes e a reforzar a contorna para evitar desbordamentos ou estragos
20 Oct 2024
O Concello de Abadín acomete os traballos de mellora e acondicionamento da pista que conecta Caboxo con Fanoi, garantindo unha maior seguridade e comodidade para os veciños.
Ademais do arranxo da pista, estanse a limpar as marxes e a reforzar a contorna para evitar desbordamentos ou estragos.
Debido á presenza de maquinaria traballando na zona, o Concello pide aos veciños precaución ao transitar.
A previsión é que as obras finalicen en poucos días, sempre dependendo das condicións meteorolóxicas.