O Concello de Abadín anuncia un novo servizo de carga de poldros no mercado de Gontán

TerraChaXa
Os gandeiros interesados deberán contactar coa Asociación ACGEMA hoxe como último día
cargadoiro-de-poldros-de-muras
28 Oct 2025

O Concello de Abadín informou da posta en marcha dun novo servizo destinado aos gandeiros do municipio e da contorna. A iniciativa desenvolverase na nave de madeira do mercado de Gontán e permitirá realizar a carga de poldros de forma organizada e segura.

O servizo celebrarase o domingo 2 de novembro de 2025, a partir das 12:00 horas. Os gandeiros interesados deberán contactar coa Asociación ACGEMA, hoxe como último día, no teléfono 629 678 033, onde poderán facilitar os datos de carga e recibir toda a información necesaria sobre as condicións establecidas.

Segundo indicou o concello, os animais contarán cunha tarifa regulada segundo a súa morfoloxía e idade. Con esta medida preténdese ofrecer un apoio adicional ao sector gandeiro local, mellorando as condicións de manexo e transporte dos animais nas feiras e mercados.

⚙ Configurar cookies
0.086068153381348