O Concello de Abadín anuncia unha nova xornada de carga de poldros no mercado de Gontán

TerraChaXa
O servizo celebrarase o sábado 21 de marzo durante a mañá coincidindo coa celebración da feira
poldros-abadin-cargadoiro
17 Mar 2026

O Concello de Abadín informou da celebración dunha nova sesión de carga de poldros dirixida aos gandeiros do municipio e da contorna. A iniciativa desenvolverase na nave de madeira do mercado de Gontán e permitirá realizar a pesaxe e carga de poldros de forma organizada e segura.

O servizo celebrarase o sábado 21 de marzo durante a mañá coincidindo coa celebración da feira. Os gandeiros interesados deberán contactar coa Asociación ACGEMA, no teléfono 629 678 033, onde poderán facilitar os datos de carga e recibir toda a información necesaria sobre as condicións establecidas.

Segundo indicou o concello, os animais contarán cunha tarifa regulada segundo a súa morfoloxía e idade. Con esta medida preténdese ofrecer un apoio adicional ao sector gandeiro local, mellorando as condicións de manexo e transporte dos animais nas feiras e mercados.

A primeira edición desta iniciativa logrou reunir a máis de 70 animais.

0.12014603614807