O Concello de Abadín aproba un presuposto de 3,6 millóns de euros
Nun pleno no que o PP votou a favor e o PSOE optou pola abstención o Concello de Abadín aprobou un presuposto de 3,6 millóns de euros para o ano 2023.
Dende o 2019 as contas do municipio estaban prorrogadas e nesta ocasión superan nun millón ás ultimas que foron debatidas en Abadín. O alcalde recordou ademais que aínda falta por engadir os cartos do Fondo de Compensación Ambiental, xa que o municipio é un dos que máis axudas reciben mediante o canon eólico.
Dentro deste presupostos case un 40% do orzamento, 1.422.200 euros irá destinado a investimentos permitindo levar a cabo proxectos importantes para o municipio. Dentro deste investimentos atópase a primeira fase de construción da residencia de maiores que contará con aproximadamente 500.000€.
A reparación da rede viaria municipal será outros dos proxecto que contará cun gran presuposto e que se realizará con aglomerado. Ademais tamén se realizarán as obras para a substitución da cuberta do pavillón ou para executar a traída na parroquia de Candia.
Os gastos de persoal tamén supoñen unha contía elevada dos presupostos superando o medio millón de euros por encima dos algo máis de 35.000 destinados ás axudas a entidades culturais e deportivas do municipio.