O Concello de Abadín arranxará un camiño en Labrada
O Concello de Abadín vén de sacar a licitación o contrato para mellora dun camiño municipal entre los lugares de Atalaia e Cabeira, na parroquia de Labrada, de preto de dous quilómetros e medio.
Así, vaise proceder á mellora do camiño proposto; actuación que serve para evitar a degradación e a deterioración ambiental e para a protección do ambiente e do espazo natural.
O obxecto do presente contrato é a mellora dos accesos para a subsanación das deficiencias existentes detectadas na xestión medioambiental do Concello de Abadín. Mellorarase unha parte da rede de comunicacións municipal, necesaria para manter os servizos públicos conectados e facilitando o acceso a diversos puntos de interese medioambiental que se atopan pola zona de actuación.
"Son accións que permiten mellorar o tránsito de persoas que viven e traballan neste entorno rural, fomentando ademais a realización de actividades didácticas, sostibles e respectuosas co medio ambiente", di o alcalde.
A actuación ten un orzamento de 150.543 euros.