O Concello de Abadín asume a titularidade dun tramo da estrada N-634

TerraChaXa
A cesión afecta ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 605+150 e 605+875 da citada vía, cunha lonxitude total de 725 metros e unha superficie aproximada de 13.707 metros cadrados
estrada-n-640
13 Mar 2026

O Concello de Abadín formalizou a cesión dun tramo da estrada N-634, que pasa a ser de titularidade municipal tras a sinatura da acta correspondente entre ambas administracións. O acordo foi rubricado polo alcalde de Abadín, José María López Rancaño, e polo xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, en representación do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible.

A cesión afecta ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 605+150 e 605+875 da citada vía, cunha lonxitude total de 725 metros e unha superficie aproximada de 13.707 metros cadrados.

A partir da sinatura desta acta, o Concello de Abadín pasa a asumir a titularidade desta parte da estrada, así como as responsabilidades relacionadas coa súa conservación, mantemento e explotación.

Con este acordo, o tramo cedido queda excluído da rede estatal de estradas e intégrase na rede viaria municipal, pasando a depender directamente da administración local para a súa xestión e conservación.

0.13448786735535