O Concello de Abadín comezou os trámites para legalizar unha traída de auga

TerraChaXa
O Concello de Abadín comezou os trámites ante a Confederación Hidrográfica do Miño Sil para legalizar a traída de auga de Cabanela.
concello de abadin
16 Aug 2022

O Concello de Abadín comezou os trámites ante a Confederación Hidrográfica do Miño Sil para legalizar a traída de auga de Cabanela.

Esta traída, situada na parroquia de Vilarente, data dos anos 90 cando foi creada polos veciños que facían uso das augas de tres manantiais situados preto da capela de Santa Margarida, e ata que pasaron a abastecerse do depósito municipal no monte Argán.

Malia as diferentes alturas das vivendas da Cabanela, este depósito municipal non era suficiente para abastecelas, polo que continúan facendo uso do antiga traída.

Agora vaise redactar un proxecto para legalizar esta traída que inclúe as captacións de auga, o depósito e a rede de distribución.

0.1820330619812