O Concello de Abadín cubrirá a pista de pádel
O concello de Abadín destinará un total de 50.000 euros para cubrir a pista de pádel situada na área recreativa de Gontán.
Segundo informou o seu alcalde, José María López Rancaño, trátase dunha obra necesaria "xa que caen as follas dos árbores do arredor e énchese de verdello".
Así, o proxecto que levará a cabo o concello consiste en elevar os laterais outros tres metros máis con chapa traslúcida e rexa de lona perforada que colocar sobre os tres metros de cristal que ten a instalación actualmente.
O tellado estará feito por un armazón de ferro.
Rancaño asegurou que solicitarán unha subvención á Xunta de Galicia para poder acometer este traballo. Para iso solicitarán unha partida do capítulo destinado a xogos infantís e zonas deportivas da Xunta de Galicia.
A pista de pádel leva feita dende o mes de febreiro de 2017 para a que o Goberno local destinou unha partida de 31.700 euros, na súa maior parte con fondos subvencionados pola Xunta de Galicia.
"Era unha demanda veciñal, unha petición da xuventude, que quería poder xogar ao pádel no municipio sen ter que desprazarse a outro concello», indicou o alcalde de Abadín.
A intención de cubrirla xa viña desde a súa construción "para adecuala ao clima do municipio".