O Concello de Abadín impulsa dúas novas obras públicas por máis de 320.000 euros

TerraChaXa
Ambas actuacións atópanse actualmente pendentes de contratación e forman parte da estratexia municipal para continuar reforzando os servizos e as infraestruturas locais
concello-de-abadin
28 Feb 2026

O Concello de Abadín anunciou a próxima contratación de dúas actuacións de relevancia destinadas á mellora das infraestruturas viarias e dos espazos públicos do municipio, cun investimento conxunto que supera os 320.000 euros.

A primeira das intervencións consistirá na pavimentación e mellora da drenaxe de camiños nas parroquias da Graña e Moncelos. Esta actuación, que conta cun orzamento base de licitación de 118.020,77 euros, permitirá optimizar os accesos, mellorar o sistema de evacuación de augas pluviais e reforzar a seguridade e comodidade da veciñanza destas zonas.

A segunda obra prevista céntrase na renovación de beirarrúas en Gontán e na pavimentación de accesos en distintas parroquias do municipio, entre elas Candia, Castromaior, Fanoi, Goas e Barondelle. O orzamento base de licitación ascende a 202.506,24 euros e inclúe a mellora da mobilidade e da seguridade viaria, tanto nos núcleos urbanos como nos accesos a espazos públicos.

Ambas actuacións atópanse actualmente pendentes de contratación e forman parte da estratexia municipal para continuar reforzando os servizos e as infraestruturas locais, co obxectivo de ofrecer mellores condicións de vida á veciñanza.

0.12462997436523