O Concello de Abadín incrementa ata 100 as persoas beneficiarias do servizo de axuda no fogar

TerraChaXa
O Concello de Abadín incrementa ata os 400.
13 sep 2017

O Concello de Abadín incrementa ata os 400.000 euros anuais a partida de gasto social para o servizo de axuda no fogar.

É que nun concello con envellecemento da poboación como é o de Abadín, o número de potenciais usuarios destes servizos é considerable. Nese sentido, recentemente veñen de incorporarse novas persoas beneficiarias do servizo a través da lei de dependencia e a través do réxime de libre concorrencia ata alcanzar as 100.

O Servizo de Axuda no Fogar “facilita a permanencia das persoas no seu domicilio e entorno habitual de convivencia, atendendo as necesidades básicas da vida diaria”. O SAF a través do sistema de autonomía e atención á dependencia finánciase a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e no segundo caso, o SAF en réxime de libre concorrencia, está financiado pola Deputación.

0.16867899894714