O Concello de Abadín licita a compra dun tractor para labores agrícolas

TerraChaXa
A compra realízase co fin de mellorar o parque de maquinaria municipal, debido ao deterioro que presenta o actual vehículo
desbroce-estradas
Desbroce de estradas
24 Xuño 2024

O Concello de Abadín vén de sacar a licitación a compra dun vehículo tractor agrícola destinado ao arranxo e acondicionamento dos camiños do municipio que se deterioran sobre todo polas choivas.

A compra realízase co fin de mellorar o parque de maquinaria municipal, debido ao deterioro que presenta o actual vehículo tractor agrícola de titularidade municipal co que se están desempeñando labores de limpeza de cunetas, retirada de elementos arbustivos, os desbraves, etc.

O tractor agrícola servirá para mover e traballar coa coitela que retire canas e arbustos que impiden o paso das augas polas cunetas, permitirá controlar o crecemento de árbores á beira dos camiños, servirá para facer a maior parte de traballos de acondicionamento: traballar co rodo vibrador, transporte de árido e recollida de terras sobrantes.

O orzamento de licitación da máquina é de 84.700 euros.

0.155198097229