O Concello de Abadín licita a reforma de varios camiños

TerraChaXa
O Concello de Abadín sacou a licitación este mes a obra de pavimentación dos camiños de Labrada, Candia e Fanoi cuxos pavimentos actuais están formados por rego asfáltico deteriorado.
concello de abadin
1 sep 2023

O Concello de Abadín sacou a licitación este mes a obra de pavimentación dos camiños de Labrada, Candia e Fanoi cuxos pavimentos actuais están formados por rego asfáltico deteriorado. Isto é debido a súa antigüidade, ao uso intensivo e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo, polo que urxe proceder á súa rehabilitación.

As actuacións previstas para a rexeneración do pavimento destes seis camiños consistirán no estendido dunha capa de mestura asfáltica en quente tipo AC16 SURF 50/70 D de 5 cm de espesor. Inclúese un 10% de regularización previa coa mesma mestura segundo medicións e orzamento.

Tamén se proxecta a limpeza de foxos para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que produzan danos no pavimento do camiño, así como unha sinal de stop no cruce coa estrada provincial.

A Deputación Provincial de Lugo será quen financie integramente a obra cun custe de e 81.340,69 euros e nun prazo de execucción de 3 meses, o cal comezará coa acta de comprobación do reformulo.

0.19122099876404