O concello de Abadín licita as obras de reforma do pavillón de Moncelos

TerraChaXa
O Concello sacou a licitación este mes a obra do pavillón de Moncelos, que consistirá na execución dun peche de vidro nas dúas fachadas que faltan por pechar, de altura variable, seguindo a liña marcada polo peche de bloque actual.
pavillon moncelos abadin
27 Ago 2023

O Concello sacou a licitación este mes a obra do pavillón de Moncelos, que consistirá na execución dun peche de vidro nas dúas fachadas que faltan por pechar, de altura variable, seguindo a liña marcada polo peche de bloque actual.

Prevese tamén o tratamento, previo e posterior, dos piares metálicos existentes, sobre os que se aparafusará o novo cerramento.

Previamente á execución do peche de vidro, será necesario preparar os piares sobre os que se aparafusará a nova fachada. Retiraranse as chapas de protección actuais e executarase unha limpeza superficial mediante a proxección en seco de material abrasivo, eliminando case toda a capa de laminación, o óxido visible e as partículas estrañas do soporte.

A obra está financiada pola Deputación Provincial de Lugo íntegramente cun custe de 96.838,53 euros.

Irene Fernández Prieto e Jose Enrique Cacicedo Herrero, de Senén Prieto Ingenieria, SL, son os enxeñeiros que diseñaron o proxecto que terá un prazo de execucción de tres meses.

0.18725609779358