O Concello de Abadín mellora as estradas municipais na parroquia de Fanoi

O Concello de Abadín continúa co seu compromiso de modernizar e mellorar as infraestruturas viarias en todas as parroquias do municipio. Nesta ocasión, estanse a executar obras de acondicionamento na parroquia de Fanoi, co obxectivo de facilitar os accesos e incrementar a seguridade e comodidade da veciñanza.
Os traballos están a ser realizados pola empresa Construcciones Cholo, S.L., de Vilalba, encargada de levar a cabo esta intervención. Estas melloras súmanse ás xa efectuadas noutras zonas do concello, reforzando a aposta do goberno local por ofrecer servizos de calidade e unhas comunicacións seguras a toda a poboación.