O Concello de Abadín ofrece unha formación práctica para mellorar a autonomía tecnolóxica da veciñanza

O Concello de Abadín pon en marcha unha nova iniciativa formativa coa que busca achegar o uso das novas tecnoloxías á cidadanía, especialmente á poboación adulta. Trátase dunha actividade de carácter práctico que se desenvolverá os días 12, 13, 14 e 16 de maio en horario de 10:00 a 12:00 horas nas instalacións do colexio Moncelos.
Durante estas sesións, os asistentes aprenderán a utilizar correctamente os seus móbiles, tablets ou ordenadores para realizar accións cotiás como solicitar citas médicas, facer compras en liña de forma segura, manter videoconferencias coa familia ou amizades e descubrir aplicacións útiles para o día a día. A formación ofrecerase de maneira clara, segura e acompañada, resolvendo dúbidas e favorecendo a confianza no uso dos dispositivos dixitais.
Desde o Concello destacan que esta é unha excelente oportunidade para mellorar a autonomía tecnolóxica da veciñanza e animan ás persoas interesadas a inscribirse chamando ao teléfono 982 50 80 21.