O Concello de Abadín organiza unha excursión a Valença do Miño e ao Monte de Santa Tegra

O Concello de Abadín organiza unha excursión a Valença do Miño e ao Monte de Santa Tegra
O vindeiro 15 de maio, o Concello de Abadín convida a toda a veciñanza a participar nunha xornada de excursión para descubrir dous dos enclaves máis emblemáticos da contorna: a Fortaleza de Valença do Miño e o Monte de Santa Tegra.
A saída está prevista para as 07:30 horas dende o aparcadoiro do Concello. A actividade inclúe o desprazamento en autobús de ida e volta, almorzo e xantar, así como visitas guiadas aos lugares programados.
O prezo por persoa é de 50 euros, e as inscricións estarán abertas ata o 12 de maio, podendo realizarse presencialmente nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982 50 80 21.