O Concello de Abadín repara a ponte de Labrada, Tivián, sobre o río Güela

TerraChaXa
Mellorouse o acceso e a seguridade ao fortalecer a estrutura
o-antes-e-o-despois-ponte-labrada
15 sep 2024

O Concello de Abadín traballou no acondicionamento e mellora da ponte situada en Labrada, Tivian, sobre o río Güela. Grazas a esta intervención, mellorouse o acceso e seguridade para todos os veciños e visitantes.

Os traballos realizados centráronse en conservar e fortalecer a estrutura, respectando a contorna natural que tanto a caracteriza. A paso está moi deteriorado e supoñía un perigo para os usuarios pola súa inestabilidade.

0.21346282958984