O Concello de Abadín saca a licitación a compra dunha motoniveladora
O Concello de Abadín vén de sacar a licitación a compra dunha motoniveladora nova co obxectivo ce subsanar varias deficiencias detectadas na xestión medioambiental do municipio, mellorando a prevención de incendios forestais e inundacións e a xestión de residuos de poda.
A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto, no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores.
A adxudicación do contrato realizarase atendendo a unha pluralidade de criterios de adxudicacións en base á mellor relación calidade-prezo.
A licitación faise cun valor estimado de 252.890 euros, ive incluído en base aos prezos habituais do mercado.
O presente contrato finánciase integramente coa aportación da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (antes Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) na cantidade de 252.890,00 euros do Fondo de Compensación Ambiental 2022.